CASA EIROA. A Estrada

A súa casa en Galiza


Galería Fotográfica

Estar en A Estrada é estar preto de cualquera punto de Galicia, pero se decide coñecer mellor o municipio e a súa comarca, éstas son algunhas suxestións. Recomendámoslles que se acheguen ao Centro Comarcal, situado na saída hacia Santiago de Compostela, alí facilitaranlles unha completísima información acerca das alternativas turísticas desta fermosa comarca de Tabeirós-Terra de Montes:

A vila

A só un Km de Casa Eiroa atópase a capital municipal, dotada con todos os servizos necesarios: comercio, hostelería, centro médico, zonas de lecer... Pero aínda mais preto, simplemente saindo da casa atoparán un dos monumentos mais emblemáticos da Estrada, a Torre de Guimarei.

Románico Rural

Unha das características fundamentais da Estrada é a súa riqueza en arquitectura románica rural, de feito pódense percorrer varias rutas para coñecer as xoias deste municipio. No Centro de Desenvolvemento Comarcal, situado na saída hacia Santiago de Compostela, recibirán folletos e información detallada acerca destas rutas. Pero de momento aquí vai unha pequena mostra.

Igrexa de Moreira
Igrexa de Oca
Igrexa de Loimil

Pazos

Tamén é posible percorrer a Ruta dos Pazos. O mais representativo, O Pazo de Oca, chamado tamén "O Versalles de Galicia" polos seus espléndidos xardíns.

Naturaleza

Pero A Estrada non só ofrece arquitectura, os espazos naturais forman parte tamén da súa riqueza. Para mostra, a Fervenza de Curantes.

Non agarde mais para gozar destas maravillas. Vexa as características da casa y ¡Faga a súa reserva de aluguer!